Ola mundo!

A nosa estrea como “blogueiros climánticos”!.

Climántica é o proxecto de Educación Ambiental da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Este proxecto é froito do traballo en equipo levado a cabo por diferentes expertos e que se iniciou en setembro de 2006. O equipo Climántica consta de catro grupos de traballo –didáctica, edición gráfica, multimedia e asesoría científica – que traballan coordinados.

O Proxecto Climántica en Primaria traballa o problema do cambio climático a través de:

-a coleción de banda deseñada “Palmira e Marcial, Odisea Medioambiental”. Seus personaxes, estudosos do medio ambiente, viaxan a través do tempo

-as colecións de novelas e contos climánticos: “A Treboada de C” de Agustín Agra

-o videoxogo en rede CLMNTK. O xogador escolle un territorio e toma decisión sobre a súa ordenación e xestión enerxética

Esta entrada foi publicada en 0-Infantil, 1º e 2º EP, 3º e 4º EP, 5º e 6º EP, Plurilingüísmo. Garda o enlace permanente.