Animádevos a ler

Este curso, Leo León agárdavos en Bibliosoños, a biblioteca do cole da Sobreira, e lémbravos as normas de uso. Os rapaces e rapazas poderán utilizar a biblioteca na primeira parte do recreo baixo a axuda dos “Leotecarios” que son os bibliotecarios de 5º e 6º que colaboran, activamente, no funcionamento de Bibliosoños para o mellor aproveitamento e axuda aos compañeiros máis pequenos. E polas tardes, acompañados dun adulto, podedes disfrutar das instalacións e facer uso dos libros de consulta, da interntet… sen préstamo.

 

Esta entrada foi publicada en 0-Infantil, 1º e 2º EP, 3º e 4º EP, 5º e 6º EP e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta