Plantamos patacas

Hoxe a mestra Dona Isabel guiounos para sementar patacas no horto escolar.

Estivemos ben atentos xa que eran varios traballos. Primeiro abrir o rego, e nel preparar os buratos para os trozos de pataca grelada. Colocar os trozos cos gromos cara arriba para “axudar” ás patacas. E de seguido os abonos. Primeiro orgánico (da cuadra das cabras), segundo mineral (para ter potasio) e por último a cinsa.

Esta entrada foi publicada en 1º e 2º EP e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta