DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O día 8 de marzo conmemórase esta data. Na titoría estivemos reflexionando sobre os avances que as mulleres tiveron na consecución de dereitos e do que falta por percorrer xa que en todos os paÍses non están acadados. Pensamos que temos que lembrar estas inxustizas para que non se repitan e todos avancemos.

Reflexionamos sobre a importancia das mulleres das nosas vidas, e cos seus nomes fixemos un póster que temos colgado xunto a nosa percha para lembralas cada mañá ao comezar a xornada.

(clicade na imaxe para visualizar o video)

Esta entrada foi publicada en 1º e 2º EP e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta