SEMANA DA PRENSA

 

O mes de abril está especialmente adicado ás letras coa semana da prensa e do libro. Na titoría traballamos cos xornais. Analizamos as distintas tipografías e estivemos a estudar as partes dunha noticia, localizar os mapas meteorolóxicos e recoñecer a publicidade. Cos nosos gorros de papel convertémonos en xornalistas para redactar os artigos que se publicarán no xornal-revista do cole, e recollimos todo este traballo nun gran mural que teremos colgado na clase por unha tempada.

 

Esta entrada foi publicada en 1º e 2º EP e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta