Estamos a traballar como as persoas nos identificamos polo noso nome e polo noso aspecto físico. Se ben, expresamos os nosos sentimentos con xestos e palabras e é moi importante respectar os sentimentos dos demáis. Xa que, todas as persoas somos diferentes, pero temos os mesmos dereitos.
Tamén estamos a estudar os ósos do esquelete e os músculos que sosteñen e moven o corpo igual que animais e plantas sosteñen o noso medio ambiente. Estudamos a respiración, o que nos da en pensar que cando enchemos e baleiramos de aire os pulmóns preferimos evitar os lugares con fumes de coches, autobuses ou tabaco.
Fernando comenta que hoxe mesmo pola mañá tivo que compartir a parada do bus con dúas fumadoras.
E Sofía e outros compañeiros, tamén falan dos fumadores das súas familias.