Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.
A iniciativa consiste en encontros científicos nos centros de ensinanza entre personal científico do CSIC en Galicia e o alumnado, desde Infantil ata Bacharelato.
Exper-i-Ciencia CSIC 2013 é a oitava edición dun proxecto de divulgación consolidado, que se ven realizando dende o año 2005.
Nesta xornada desenvolvimos as actividades, por quendas, no recentemente acondicionado Laboratorio do cole e na sala de audiovisuais.
Luísa, a través do libro “La ola” (de Suzy Lee) presentounos o seu traballo de científica marina. Tamén fíxonos caer na conta de que ela non é a única científica que coñecemos…
Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da súa clase. E deixounos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar a quen pertencía un esquelete que nos deixou.