Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.

– Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos

A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes…
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático.

Esta entrada foi publicada en 3º e 4º EP e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Os comentarios están pechados.