Arquivo da categoría: 3º e 4º EP

cousiñas das aulas de 3º e 4º

Día Mundial do Medio Ambiente plantando sobreiras

Hoxe conmemoramos esta data “Día Mundial do Medio Ambiente” plantando dúas sobreiras.  Estas árbores ficarán no cole para encher o sitio da árbore que perdimos na última tormenta.  Quen sabe que bonitos debuxos e traballos colgarán algún día en taboleiros … Sigue lendo

Publicado en 0-Infantil, 1º e 2º EP, 3º e 4º EP, 5º e 6º EP | Etiquetado , | Deixa un comentario

Alfabetización medioambiental: RRR (Reduce – Reutiliza – Recicla)

Con esta actividade queremos unirnos á proposta do  Earth Day Network  para celebrar o Día da Terra (22 abril). Nesta edición a campaña  denomínase «Alfabetización medioambiental e climática».   O alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria tivemos un taller … Sigue lendo

Publicado en 1º e 2º EP, 3º e 4º EP | Etiquetado , | Deixa un comentario

Experimentando os 5 sentidos – 3ºEP no Laboratorio

Limóns, allos, azúcre, plumas, flores, maracas… e outros obxectos para experimetar cos 5 sentidos!!

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado | Deixa un comentario

22 marzo – Día da Auga

Para ser conscientes do importante que é xestionar a auga doce como recurso, estamos practicando neste videoxogo do proxecto Climántica no que debes tomar decisións para xestionar un territorio (tipo de industrias, tipo de servizos, vivendas dos teus habitantes…) Animádevos … Sigue lendo

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado , | Comentarios desactivados en 22 marzo – Día da Auga

Enerxía – muíño de aire quente

Estudando a ENERXÍA. É moi importante que todos esteamos convencidos da importancia de usar correctamente a enerxía. As empresas, Concellos e gobernos deben tomar medidas para promover o uso de enerxías renovables!!!

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en Enerxía – muíño de aire quente

Cambio Climático no Laboratorio

Estamos a estudar a enerxía. Reflexionamos sobre as distintas fontes de enerxía e queremos apostar por coidar do medio ambiente con enerxías renovables. Preparamos no laboratorio a seguinte experiencia: reproducimos o modelo dos polos da Terra e o ascenso do … Sigue lendo

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Onde gardas a compra? (Cociña con Ciencia)

Para seguir repasando o aprendido no taller de “Cociña con Ciencia” podedes ver o seguinte video na súa páxina de facebook

Publicado en 0-Infantil, 1º e 2º EP, 3º e 4º EP, 5º e 6º EP | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Onde gardas a compra? (Cociña con Ciencia)

Cociña con Ciencia

Este venres 25, tivemos un obradoiro con Pepe Solla e o Instituto de Investigacións Mariñas – CSIC compartimos unha mañá cociñando con todo o alumnado. Practicamos onde gardar os alimentos co taller da “compra”…e degustamos a receita dos pequenos chefs … Sigue lendo

Publicado en 0-Infantil, 1º e 2º EP, 3º e 4º EP, 5º e 6º EP, Plurilingüísmo | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Cociña con Ciencia

Sales con xiz

Esta semana estamos a estudar as mesturas homoxéneas e heteroxéneas. Para entender estes términos estamos a preparar unha botella con sales que tinguimos de cores con xiz.

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado , | Deixa un comentario

Propiedades da Materia, con Belén

Tivemos unha clase moi especial, da man de Belén, nai de Lidia e Martín de 3º de EP. Descubrimos as propiedades da materia experimentando a solubilidade e achegámonos á táboa dos elementos e aos átomos. Moitas grazas Belén pola túa … Sigue lendo

Publicado en 3º e 4º EP | Etiquetado , , | Deixa un comentario