Xaneiro 2021 M T W T F S S « Jun 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 Etiquetas
Comentarios recentes
-
Artigos recentes
Categorías
As ligazóns de interese
Bibliotecas
Na rede
Para Saber Máis
Prensa
Ciencias Naturais e Sociais de 3º 2016-17 no Laboratorio!!!
Na aula-laboratorio prepararemos experiencias e traballaremos as unidades didácticas das áreas de Ciencias Naturais e Sociais do alumnado de 3º deste curso 2016-17, dentro do proxecto “Climántica”.
O noso reto é desenvolver as competencias clave traballando, ao tempo, a concienciación co medio ambiente, e fomentando o bo uso dos recursos.
Climántica (http://climantica.org/) é un proxecto de Educación Ambiental da Direción Xeral de Sostibilidade e Paisaxe en colaboración coa Consellería de Educación eOrdenación Universitaria. Este proxecto comezou en setembro de 2006, froito do traballo en equipo de catro grupos de expertos: en didáctica, en edición gráfica, en multimedia e asesores científicos.
4º de Educ. Infantil no Laboratorio!!
Tivemos unha moi especial clase no Laboratorio
Moitas grazas a Monserrat pola súa colaboración.
Infantil no Laboratorio – magnetismo!!
SILVIA, A MAMÁ DE INÉS, VEUNOS DAR UNHA CLASE DE MAGNETISMO (O FENÓMENO POLO QUE OS OBXECTOS EXERCEN FORZAS DE ATRACCIÓN OU REPULSIÓN SOBRE OUTROS MATERIAIS).
IMÁN NATURAL: A MAGNETITA.
OUTROS MATERIAIS PRESENTAN PORPIEDADES MAGNÉTICAS DETECTABLES. (A PROPIEDADE FUNDAMENTAL DOS IMÁNS É QUE OS ELECTÓNS ESTÁN ORDENADOS, NA OUTRA MATERIA ESTÁN DESORDENADOS.
XOGAMOS COS IMÁNS.E RESULTOU QUE NON É MAXIA, É CIENCIA!!!!!
XOGANDO ,FIXEMOS PEQUENOS MOTORES E FIXEMOS BAILAR AOS OBXECTOS.
Moitas grazas Silvia
Infantil no Laboratorio – Resistencia eléctrica!!
SANTI, O PAPÁ DE PABLO ENSINOUNOS O QUE É A RESISTENCIA ELÉCTRICA: O GRAO DE DIFICULTADE QUE TEÑEN OS ELECTRÓNS PARA FLUIR A TRAVÉS DUN OBXECTO
PRIMEIRO MEDIMOS CUN POLÍMETRO, DESPOIS COMPROBAMOS CÓMO UNS MATERIAIS TEÑEN MOITA RESISTENCIA ELÉCTRICA: NON DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA. E OUTROS TEÑEN POUCA RESISTENCIA ELÉCTRICA: DEIXAN PASAR A CORRENTE ELÉCTRICA.
E DESPOIS FIXEMOS UNHA RODA E A LUZ ENCENDEMOS!!! (PORQUE A TRAVÉS DE NÓS A ELECTRICIDADE PASA)
Moitas grazas Santi
CSIC – Microorganismos con Graciela e Pedro
Desenvolvimos unha fascinante xornada científica experimentando no laboratorio, aprendendo sobre os microorganismos.
Graciela e Pedro, científicos do CSIC, achegáronse ao cole para amosarnos este gran universo seu da microbioloxía.
Na seguinte semana vixiamos a evolución das colonias de microorganismos nos cultivos que preparamos… espectacular pensar que todo iso estaba nas nosas mans!! 😉
Publicado en 0-Infantil
Etiquetado experiencias, infantil, laboratorio, primaria
Deixa un comentario
COMO FACER VIÑO 5º e 6º Laboratorio
Este ano empezamos o proxecto de facer viño cara finais de setembro despois dunha colleita ou vendima moi proveitosa para todo o mundo relacionado co mundo do viño. Os rapaces e rapazas de infantil fixeron a vendimia cortando as uvas nunha viña feita a modo de espaldeira. As uvas colocadas nesta forma reciben máis luz que nas parras que son máis protectoras dos acios.
Exposición da denominación de orixe das Rías Baixas: O viño do mar. 5º e 6º Laboratorio
Exposición da denominación de orixe das Rías Baixas: O viño do mar.
O pasado martes 13 de xaneiro do 2015 os cursos de 5º e 6º de primaria saíron á unha exposición sobre a denominación de orixe Rías Baixas e presentáronnos de maneira gráfica cunhas fotos a elaboración do viño que se fai no sur de Galicia ao carón do mar.
– Obradoiro ciencias: “Bosques que falan”
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.
– Obradoiro ciencias: Bosques que falan”
Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.
– Obradoiro ciencias: Elaboración de sacos aromáticos
A través da exposición de dez plantas aromáticas falaremos das súas diferenzas, arrecendos, usos tradicionais, terreos nos que medran, simboloxía, tradición oral, toponimia, variantes…
No obradoiro, o alumnado realizará sacos de olor con diferentes herbas e un pequeno caderno aromático.