OBRADOIRO DE ciencia con PLASTILINA 5 ANOS

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, oferta unha actividade dinamizadora do galego.
– Obradoiro ciencias: Obradoiro de plastilina
Con produtos de uso cotián (auga, fariña, aceite, colorantes alimentarios) elaborarán un produto natural, semellante a plastilina, co que moldearán o que desexen, que logo poderán levar para casa.

Trabállase a concentración, a paciencia e a creatividade a través da obra que elaboren.
Desde a perspectiva lingüística os produtos utilizados permitirannos traballar co léxico (froitas, cereais, árbores…).

Publicado en 0-Infantil | Etiquetado , | Deixa un comentario

Posta de ovos e formación do capullo. 5º e 6º Laboratorio

Posta de ovos e formación do capullo.

Posta de ovos e formación do capullo.
Aquí pódese ver como é unha posta de ovos nunha rama perfectamente agarrada e a barbantesa no momento da posta e cando o capullo inda é líquido e blando.

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado | Deixa un comentario

Pataca deshidratada. 5º e 6º Laboratorio

Pataca deshidratada.

Pataca deshidratada.
A nosa compañeira Lucía Rodríguez deshidratou unha pataca tras pasar un día na auga co sal. A pataca da dereita enrugase polo efecto do sal na auga que absorbe todo o líquido e non pode máis que reducir o seu volume pero non a súa pel.

As papas arrugás, famosas nas illas Canarias co seu “mollo picón” teñen o mesmo proceso xa que se cocen coa auga do mar en troques de auga doce.

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Flores decoloradas. 5º e 6º Laboratorio

Flores decoloradas.

Flores decoloradas.
O noso compañeiro Adrián de 5º decolorou unhas flores brancas con colorante alimenticio natural de azafrán creando unha flor totalmente nova anaranxada. Pódese ver que esa cor non está presente na natureza con esa tonalidade de cor. Sorprendente que a flor inda seguía a tomar zume bruto despois de ser cortada.

O zume de cor laranxa subiu polos vasos leñosos ata os pétalos das flores e conservou esa cor incluso despois de murchar e morrer.

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Pumuki a nosa planta mascota

Pumuki a nosa planta mascota

Pumuki a nosa planta mascota
Iste é o é o experimento do noso compañeiro Martín de 5º de primaria que nos explicou como se pode facer unha mascota planta viva e que lle creza o pelo sen parar.

Como creedes que deben de ser os pasos para que a nosa nova mascota non morra?

Outros compañeiros da clase de Martín xa o están intentando.

A que esperades para facelo vós tamén!

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , | Deixa un comentario

Students Move by Science

“A ciencia en movemento”.

Presentámosvos esta fermosa barbantesa “Santateresiña”, inquilina da titoría de 5º de EP almorzando unha bolboreta.

almorzo en 5ºEP

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , , , | Deixa un comentario

Día Mundial do Medio Ambiente

O alumnado de 4º e 5º de Primaria conmemoramos esta data tan especial cunha interesantísima clase maxistral de Susana, nai dun alumno.

Moitas grazas pola túa colaboración achegándote ao noso Laboratorio para compartir a túa tese.

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , | Deixa un comentario

Traballando no Laboratorio

Traballando no Laboratorio!!

Moitas grazas ás familias que colaboran para que o alumnado viva a Ciencia

Publicado en 0-Infantil | Etiquetado , , | Deixa un comentario

QUEN É ESTA EXTRAÑA CRIATURA?

Recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.

Estivemos moi atentos e desfrutamos moito da clase de Luísa. E temos tarefas! A nosa primeira tarefa como científicos será investigar quen era esta extraña criatura que nos deixou.

Despois de discutir en asamblea temos unha hipótese:

FOSIL DE OURIZO?

 

E a partir da páxina de “Divulgamar” verificamos que se trataba dun ourizo de arena, tamén chamado “Pataca de mar”, con nome científico: Echinocardium cordatum. que, cando esta vivo ten como pelillos e é así…

 

Publicado en 0-Infantil | Etiquetado , | Deixa un comentario

EXPER-I-CIENCIA INAUGURA O LABORATORIO DO COLE

Nesta xornada, Diana Zúñiga (IIM-CSIC) trouxo mostras de zooplancton. Desenvolvimos actividades por quendas, no laboratorio, que quedou así “oficialmente inaugurado”!

Hoxe recibimos ao personal do CSIC participando no Exper-i-Ciencia CSIC 2013. Esta edición conta co apoio da Fundación Barrié a través da súa canle educaBarrié.

A iniciativa consiste en encontros científicos nos centros de ensinanza entre personal científico do CSIC en Galicia e o alumnado desde Infantil ata Bacharelato.

 

Exper-i-Ciencia CSIC 2013 é a oitava edición dun proxecto de divulgación consolidado, que se ven realizando dende o año 2005.

 

Publicado en 5º e 6º EP | Etiquetado , , | Deixa un comentario